As oposicións ao SERGAS 2021: entre o 18 de setembro e o 24 de outubro en Silleda

04 Setembro 2021

As probas de oposición ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) terán lugar no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, entre o 18 de setembro e o 24 de outubro, tal e como recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Esas 1.311 vacantes desagréganse da seguinte maneira: 996 corresponden a 42 categorías de persoal licenciado sanitario, das que 892 pertencen a 39 especialidades de facultativo de área; 89 a médico de urxencias hospitalarias; dez de médico asistencial do 061; e cinco de médico de admisión e documentación clínica.

As 315 prazas restantes divídense así: 86 para persoal técnico sanitario das especialidades de farmacia; 104 para laboratorio de diagnóstico clínico; 63 para imaxe para o diagnóstico; 10 para hixiene bucodental; 41 para anatomía patolóxica e citología; e 11 para radioterapia.

Ademais, o Executivo autonómico ha destacado que outros 288 aspirantes exercerán o seu dereito á promoción profesional. Trátanse de traballadores do Sergas que desenvolven as súas funcións noutra categoría profesional dun nivel de titulación igual ou inferior. Tamén se admitiu a participación de 226 persoas aspirantes pola vía de acceso de discapacidade.

DATAS DAS PROBAS
O sábado 18 de setembro examinaranse 714 aspirantes para a cobertura de 209 prazas de facultativo especialista de área das especialidades de alergología, anatomía patolóxica, axiología e cirurxía vascular, cirurxía cardiovascular, entre outras. Para o día 19 están chamados 838 aspirantes para cubrir 185 prazas das categorías de facultativo especialista de área de obstetricia e xinecoloxía, de área de psicoloxía clínica, médico de urxencias hospitalarias e técnico superior de radioterapia.

O sábado 25 de setembro están convocados 1.042 aspirantes para un total de 286 prazas das especialidades de anestesiología e reanimación, aparello dixestivo, cardioloxía, cirurxía ortopédica e traumatoloxía, farmacia hospitalaria, medicina preventiva e saúde pública, nefroloxía, neuroloxía e psiquiatría. En canto ao 26 de setembro, examinaranse 870 aspirantes para a cobertura de 114 prazas de facutaltivo especialista de área de cirurxía torácica, microbiología e parasitología, e pediatría.

Xa en outubro, o día 2 están convocados 1.224 aspirantes das categorías de facultativo especialista de área de Medicina Interna e técnico superior de imaxe para o diagnóstico, cun total de 110 prazas. Para o 3 de outubro, 1.108 aspirantes das especialidades de análises clínicas, cirurxía xeral e do aparello dixestivo, medicina intensiva, oftalmoloxía, pneumoloxía, radiodiagnóstico e técnico superior de hixiene bucodental, cun total de 217 prazas.

Por último, os días 23 e 24 de outubro están convocados un total de 3.016 aspirantes das categorías de técnico de farmacia e técnico superior de laboratorio de diagnóstico clínico, para cubrir 86 e 104 prazas, respectivamente.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.