Ribeira acolle unha decena de actividades lúdicas e culturais entre o venres e o domingo

02 Setembro 2021

Unha decena de actividades lúdicas e culturais animarán a fin de semana en Ribeira.

Así este venres, ás 20.30 horas, no exterior do centro social de Oleiros representarase a función de monicreques Vacacións non mar. Ás 21.30, no Malecón, The Tetas’Van ofrecerá un concerto e no campo da festa de Carreira proxectarase ás 22.15 horas a película Nocturna, unha aventura máxica.

O sábado haberá animación na rúa de 11.00 a 14.00 e a partir das 20.00 horas. Ás 21.00 actuarán Os liantes de Artes no exterior do recreativo de Artes e ás 21.30 Blues do País e Sindicato Verbena no Malecón.

Para finalizar, o domingo, tamén no Malecón, Peter Punk dará un concerto ás 13.00 e ás seis da tarde haberá un taller infantil de creación con Cé Orquestra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.