O Concello de Lousame organiza dous obradoiros gratuítos de robótica e imprenta dirixidos a menores de 12 anos

01 Setembro 2021

O Concello de Lousame organiza dous obradoiros gratuítos de robótica e imprenta dirixidos a nenos e nenas menores de 12 anos. Ambas iniciativas contan coa colaboración do programa Ler Conta Moito e desenvolveranse na Casa da Cultura de Lousame os venres 3 e 10 de setembro, ás 18:00 horas. As inscricións poden realizarse de balde a través da plataforma bandoticket.com (o de robótica e tamén o de imprenta).

O Obradoiro de Robótica está dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade está previsto para o venres 3 de setembro. “Durante dúas horas, as persoas participantes descubrirán os principios da ciencia, da tecnoloxía, da enxeñería e das matemáticas, participando unha divertida experiencia de aprendizaxe”, explica a concelleira de Cultura e Mocidade, Silvia Agrafojo.

O venres 10 de setembro será a quenda do Obradoiro de Imprenta, dirixido a crianzas de 9 a 12 anos e cunha duración de dúas horas. “Neste obradoiro, a rapazada coñecerá as técnicas artesanais de impresión coas que se facían os libros e aprenderán a utilizar as tipografías de madeira, as prensas de impresión, as tintas, os papeis… para poder deseñar e imprimir os seus propios carteis, postais ou marcapáxinas, que despois poderán levar para casa”, apunta a concelleira lousamiá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.