O Caderno Verde de SOGAMA recibiu 210.000 visitas desde a sĂșa posta en marcha

30 Agosto 2021

A entidade galega de medio ambiente SOGAMA fixo balance dalgĂșns fitos acadados pola sĂșa plataforma dixital, Caderno Verde, ferramenta a disposiciĂłn do alumnado de Infantil e Primaria que permite traballar todas as disciplinas do currĂ­culo acadĂ©mico “desde unha perspectiva ambiental e cunha atenciĂłn especial ĂĄ xestiĂłn dos residuos urbanos”. Segundo fixo saber, o portal educativo recibiu xa preto de 210.000 visitas dende a sĂșa posta en marcha. Amais, foi quen de acadar a cifra de 1.257.516 pĂĄxinas ao longo da sĂșa web.

Este medre, indica SOGAMA, foi especialmente notĂĄbel durante o ano pasado. AsĂ­, mentres que en 2019, recibiu 28.588 visitas, cun total de 190.641 pĂĄxinas vistas, en 2020 esta cifra subiu ata as 34.333, con 224.209 pĂĄxinas vistas.

Como dixemos, pĂșblico obxectivo de Caderno Verde, unha iniciativa impulsada pola ConsellerĂ­a de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a travĂ©s de SOGAMA, Ă© o alumnado galego de EducaciĂłn Infantil e Primaria coa intenciĂłn de achegar ĂĄs novas xeraciĂłns ao mundo do medio ambiente a travĂ©s da aprendizaxe, o xogo e o entretemento.

A web pon a disposición do alumnado unidades didåcticas en galego, castelån e inglés nas que se lle då unha especial relevancia å correcta xestión dos residuos urbanos pero sen esquecer outras cuestións tales como a mobilidade sostible, a protección da natureza e dos ecosistemas, o papel das enerxías renovåbeis, o aforro enerxético ou a contaminación do aire. Cada temåtica é explicada por personaxes animados (os amigos de Vilaverde), complementåndose este labor on actividades e materiais como os ecocontos, protagonizados neste caso polos membros da Familia Trebón, procedentes doutra Galaxia.

Outros artigos



Publicidade

ï‡Ș

Revista en papel



OpiniĂłn

“Nun dezasete de maio…” – Manuel DomĂ­nguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel DomĂ­nguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Jå são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...

“Que non veña un inverno duro!”. AntĂłn Luaces

“Que non veña un inverno duro!”. AntĂłn Luaces

Van aló måis de quince anos desque a Xunta, a través da consellería do Mar (antes, de Pesca) contempla o pasar do tempo mentras os mariscadores sachan, sementan e fan cålculos sobre as perdas económicas que supoñen os vertidos dos encoros e a carencia dunha política...