Feirantes de Ribeira operarán coas súas atraccións no Malecón desde este domingo

28 Agosto 2021

O Concello de Ribeira informa de que se están a instalar no paseo do Malecón da cidade un total de 26 atraccións, todas elas pertencentes a industriais feirantes radicados no noso termo municipal, de acordo co compromiso adquirido polo goberno local no pasado xuño con este colectivo no ánimo de axudarlle a sobrelevar os efectos económicos do covid.
Precisamente o empeoramento da situación epidemiolóxica foi a que impediu que a colocación destes postos tivera lugar a principios de agosto como estaba previsto (cadrando coas datas habituais das festas de verán), habéndoa que postergar ata que mellorase a incidencia. Finalmente, as atraccións comezarán a operar a partir deste domingo 29 de agosto ata o luns 6 de setembro (nesta última xornada, con descontos especiais).
Consonte co anterior, o sábado 4 de setembro non se celebrará o mercadillo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...