O menor de tres anos que estaba cos seus avós e o seu irmán, de dispoñía a cruzar por un paso de peóns cando un camión de repartición pisoulle un pé.
O neno foi trasladado ao hospital comarcal de Barbanza despois de sufrir o atropelo na avenida da Coruña de Ribeira a primeira hora desta mañá.
GAEM, unha ambulancia do 061 e a Policía Local de Ribeira desprazáronse ao lugar do accidente e inmobilizaron ao pequeno antes de levalo ao Hospital comarcal.




