En Boiro o Concello e os centros docentes demandan un aumento de persoal para o alumnado con necesidades especiais

24 Agosto 2021

O Concello de Boiro e os centros de ensino de primaria e secundaria do municipio, demandan un aumento de persoal cualificado que poida atender as necesidades educativas especiais do alumnado no ámbito do ensino público. A Concellería de Educación realizou unha petición á Consellería de Educación para transmitir a demanda.

Back to school concept. School empty classroom, Lecture room with desks and chairs iron wood for studying lessons in highschool thailand without young student, interior of secondary education

O Concello e os centros de ensino local lembran no seu comunicado que “o alumnado con NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) aumenta ano a ano e é elevado nos centros educativos de Boiro”, polo que “se fai necesarios que os centros de ensino dispoñan de persoal especializado e que poida atender as necesidades educativas dunha maneira axeitada, atendendo ás demandas individuais de traballo que precisan desenvolver as e os escolares con NEAE”.

E engaden: “As administracións educativas deben dispoñer dos medios necesarios para que o alumnado alcance o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional e tamén asegurar os recursos necesarios para aqueles escolares que requiran unha atención diferente á ordinaria por presentar necesidades educativas especiais”.

O Concello de Boiro e a comunidade educativa do municipio, composta por ANPAS e representantes dos centros , vén de solicitar a revisión e aumento do persoal cualificado que poida dar requirimiento ao devandito servizo de docencia e atención.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...