O Partido Popular comarcal denuncia o retraso no cobro dun millón e medio de euros do Estado

10 Setembro 2019
Cedida

20190910. Coincidindo co inicio do curso político, os alcaldes e voceiros do Partido Popular (PP) na zona do Barbanza amosaron nunha xuntanza mantida en Ribeira a súa “profunda preocupación” polo retraso que o Goberno central mantén na transferencia de preto de 1’5 millóns procedentes da actualización dos fondos de Estado aos concellos desta área.

Ao encontro asistiron o presidente provincial, Diego Calvo; a secretaria provincial, Rosa Gallego; e o vicesecretario xeral de Organización e Territorio, Evaristo Ben, trasladándolle os rexedores a dificultade que suporá esta situación para a elaboración dos presupostos locais ante a falta dos recursos derivados da participación de ingresos do Estado e do resto de recursos financeiros que corresponden ás entidades locais, en concreto, aos concellos da comarca.

Ademais, insistiron en que todo isto suporá que deban, por exemplo, “recorrer a fondos propios para abonar o incremento dos soldos dos funcionarios cando os concellos non reciben o incremento derivado das actualizacións dos seus ingresos.”

Desta maneira, engaden que “necesitamos saber cando imos a recibir o que nos corresponde. Non estamos pedindo nada que non sexa noso, pero necesitamos esas partidas para seguir ofrecendo servizos básicos aos nosos veciños.”

Así mesmo, cualifican de “falacia” o argumento esgrimido polo executivo central de que sen presupostos do Estado non se pode facer efectiva a transferencia dos citados fondos, considerando os populares que “se o goberno central non tivo reparos en aprobar Reais Decretos para crear novos dereitos económicos que fixeron estoupar o teito de gasto non financeiro do Estado, agora non poden negarnos estas partidas que resultan fundamentais para os nosos municipios.”

Por outra banda, o presidente provincial aproveitou para subliñar que a súa formación está preparada para, “no caso de ser necesario, afrontar uns comicios xerais o próximo mes de novembro.”

Finalmente, Diego Calvo sinalou que “creemos que sería unha irresponsabilidade por parte de Pedro Sánchez, pero xa estamos acostumados a que, lonxe de velar polos intereses de tódolos españois, se preocupe só polos seus” facendo fincapé en que o PP “leva tempo traballando” para que os cidadáns vexan na formación “a única alternativa ao populismo e ao independentismo para conseguir un goberno estable.”

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...