Rianxo contará cun goberno de coalición entre BNG e PSdeG-PSOE

13 Xuño 2019

O BNG e PSdeG-PSOE rianxeiros chegaron a un acordo non só de cara ao pleno de investidura que se celebrará o sábado, senón tamén un pacto de goberno. Adolfo Muíños, primeiro na lista do BNG e actual alcalde en funcións, manifestou que será “un goberno de coalición, o cal dará unha maioría estable para os próximos catro anos.” Pola súa parte, María del Carmen Figueira, número un na lista socialista, cualificou o acadado de “moi positivo”, xa que consideran que poden aportar numerosas cousas a Rianxo.

Os resultados das eleccións municipais non variaron moito respecto aos do ano 2015. A lista do BNG, liderado por Adolfo Muíños Sánchez, logrou ser a máis votada mantendo así os 6 concelleiros, pero sen acadar a maioría absoluta establecida en 9. Ademais, o PP de Germán Allut Vidal obtivo 4 actas, ao igual que o PSdeG-PSOE con María del Carmen Figueira Ares á cabeza, pero con menos votos que os populares, mentres que Rianxo en Común capitaneado por Julián Bustelo Abuín conservou os 2 edís cos que xa contaba. Ciudadanos irrompeu no panorama político rianxeiro con Sara Resúa Patiño acadando o seu único escano e o Compromiso por Galicia de Mª Xosefa Comojo Sobradelo quedou fóra do consistorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.