Dodro será este sábado unha festa familiar da natureza e da cultura co espectáculo A Eira do Paporrubio

20 Agosto 2021

O Campo do Bosque, no concello de Dodro, vai ser este sábado 21 de agosto unha festa da natureza e do lecer en familia máis envorcado na súa reivindicación e no seu coidado. Falamos do espectáculo A Eira do Paporrubio, da Compañía Paporrubio, que inclúe xogos diversos e creativos, monicreques, música e tradición oral para familias con nenas e nenos maiores de dous anos. A cita será como dixemos no Campo do Bosque, en horario de 11.00 a 13.00 horas e de 14.00 a 16.00 horas. Será de obriga levar máscara. A organización garantirá todas as medidas necesarias para cumprir os protocolos anti-COVID.

A Eira do Paporrubio forma parte do programa da Rede Cultural 2021 da Deputación da Coruña.

Os xogos do Paporrubio, segundo informa a produtora Urdime, constitúen un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. Os participantes nesta aventura, guiados polo mestre de cerimonias (o Paporrubio) terán que ir descubrindo como se xoga a algúns dos xogos, mentres que se sorprenderán noutros deles grazas ás pequenas historias contadas e cantadas polos animais e habitantes da granxa, elaborados con xoguetes, marionetas e xigantes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.