Mobilización en Bueu para pedir a repatriación de Pablo Costas – Antón Luaces

20 Agosto 2021

Nada novo en relación coa repatriación de Pablo Costas Villar, capitán galego do pesqueiro somalí Cobija, retido dende vai once meses no porto de Al Mukalla, en Iemen do Sur. Pero tanto o capitán como os trinta compañeiros -todos eles estranxeiros- da tripulación atópanse dende o martes sen auga potable e sen víveres.
Para poderen beber, os mariñeiros utilizan a auga das letrinas que han ferver previamente sete veces e mesturarlle azucre en boas doses para lle quitar o mal sabor.
Para o sindicato CUT (Central Unitaria de Traballadores) a situación de Costas Villar non é outra ca derivada dun secuestro porque non existe constancia legal da súa retención. E a casa armadora non se implica en absoluto na defensa dos seus traballadores nin na reposición de aqueles elementos -sobre todo auga e víveres- indispensables para que 31 homes fagan a bordo a vida cotián.


O asesor do sindicato citado, Manuel Camaño, informou a este xornal, que mañá, sábado, a veciñanza de Bueu (Pontevedra) sairá á rúa para reclamaren a repatriación polo Goberno español de Costas Villar, quen falta dende vai dous anos do seu domicilio por mor do traballo e, sobre todo, pola súa retención no Iemen acusado de pesca ilegal en augas australianas, acusación que el desminte significando que o peixe que tiñan a bordo fora capturado en augas de Juntlandia. A súa familia en Bueu reclama asemade accións directas para a repatriación do capitán retido no Iemen, por parte da Xunta de Galicia. Mais esta, a través da Consellería do Mar e en resposta á formulación feita por este diario afirma que lamenta “a situación do patrón do pesqueiro Cobija e agardamos que as xestións diplomáticas dos servizos consulares e do Goberno central permitan unha pronta solución e o seu regreso a Galicia. Desde a Xunta solicitamos información ao Executivo do Estado en varias ocasións para coñecer a evolución deste caso pero ata o momento non obtivemos resposta”. Engade a Xunta que “Non obstante, trátase dun asunto complexo polos países implicados na detención do buque, polos cambios de propiedade do barco previos á súa inmobilización así como por haber de por medio unha acusación de pesca ilegal. Por iso, a solución depende en boa medida das resolucións xudiciais que se vaian producindo”.
O BNG, pola súa banda, pide ao Goberno galego que actúe ante a situación de emerxencia de Pablo Costas Villar, retido no lemen dende vai once meses, e urxe á Xunta a realizar as xestións necesarias para a súa liberación”. En termos semellantes se expresa o representante de EH Bildu no Senado español, solicitando información sobre as xestións realizadas polo Goberno, así como o motivo polo que aínda non se repatriou ao capitán galego dese buque.
Fontes consultadas por O Barbanza aseguran que o capitán do Cobija é o mariñeiro de Bueu e non, como aventuraron outras fontes, o mariñeiro ruso -único desta nacionalidade- repatriado polo seu país vai unhas semanas e que reside nunha poboación perto de San Petersburgo. O tripulante galego, sen embargo, permanece en Al Mukalla, a bordo do Cobija, dende vai tres días sen auga nin víveres, motivo polo que a Central Unitaria de Traballadores (CUT) solicitou oficialmente a intervención da Cruz Roxa Internacional e da organización Médicos sen Fronteiras, á vista dunha fotografía recente de Costas que, ao seu entender, debeu adelgazar polo menos dez quilos.
A casa armadora do buque somalí, a Precision Shipping Services, adquiriu o buque por 300.000 dólares estadounidenses, pero semella estar absolutamente desentendida tanto do barco como dos seus tripulantes.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.