Manuel Ayaso e Laguerzza funden as súas creatividades para concibir o merchandising de Ribeira sobre o Camiño A Orixe

19 Agosto 2021

A oficina municipal de turismo enclavada no Malecón serviu de escenario esta mañá para dar a coñecer o novo merchandising de Ribeira inspirado no Camiño de Santiago ‘A Orixe’ e no Xacobeo deseñado por un artista de
referencia dentro é fóra das nosas fronteiras como é Manuel Ayaso e confeccionado por unha empresa local: Laguerzza.
No acto estiveron presentes, ademais do artista de Aguiño, Olga Blázquez e Pura Muñiz como integrantes de Laguerzza; a técnica municipal de Turismo Sandra Fernández; o presidente da Asociación de Amigos do Camiño A Orixe, Manuel Mariño; e o alcalde de Ribeira Manuel Ruiz, entre outros.
Segundo explicou Ayaso, a idea naceu de Pura e Olga, que se puxeron en contacto con el para propoñerlle facer un deseño para este proxecto. Ao mestre pareceulle tan interesante que ao final fixo varios deseños que se acabarían por replicar en diferentes formatos: camisetas, tapabocas, vestidos, tazas, bolsas, suadoiros, etc…
Manuel Mariño transmitiu o apoio desta iniciativa e cualificou de prezosos os deseños e de fabulosa a idea. Ademais, mostrou a súa confianza en que ‘A Orixe’ se erixa no Camiño de Santiago deste milenio.
Na última das intervención, Manuel Ruiz afirmou que para materializar esta idea xuntáronse “dous importantes astros” como son Laguerzza, coa súa calidade nos seus materiais e forma de traballar, e Manuel Ayaso, o máis insigne pintos deste concello; e salientou que con esta iniciativa todos aqueles que acudan ao noso municipio e queiran
levarse un recordo terán neste merchandising unha excelente opción.
A listaxe de puntos de venta dos artigos integrantes deste merchandising está en fase de desenvolvemento. Así, ademais do no propio establecemento comercial de Laguerzza na rúa da Rosalía de Castro xa se poden mercar na tenda A de Eva en Corrubedo —pobo arranque do Camiño A Orixe— e a intención é contar con toda unha serie de puntos de venta ao longo do traxecto xacobeo.
Ademais, o merchandising está en exposición nas oficinas municipais de turismo radicadas en Xarás e no Malecón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.