As altas presións deixan a Galicia cun réxime de ventos do norte que traerán aire algo máis fresco. Co avance da mañá os ceos irán quedando despexados. As temperaturas mínimas non experimentarán cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente rondaremos oss 28-30 graos. O vento soprará de compoñente norte, máis intenso á tarde.
A parroquia ribeirense de Carreira celebra este luns na capela de San Roque en Frións, a tradicional romaría. Desde primeira hora terán lugar misas que se celebrarán o longo de todo o día.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 3 a 5 á mañá, 4 a 6 á tarde e 4 a 5 á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 04:26 | 1.1 m |
| Preamar | 10:48 | 3.1 m |
| Baixamar | 16:57 | 1.2 m |
| Preamar | 23:22 | 3.0 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 04:18 | 1.2 m |
| Preamar | 10:40 | 3.0 m |
| Baixamar | 16:50 | 1.3 m |
| Preamar | 23:16 | 3.0 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 04:21 | 1.1 m |
| Preamar | 10:45 | 3.0 m |
| Baixamar | 16:54 | 1.2 m |
| Preamar | 23:19 | 3.0 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Praia de Carnota
- Praia Ézaro
PREVISION TEMPO PARA OS PRÓXIMOS 14 DIAS




