Ribeira rendeu tributo á Virxe do Carme. Patroa do Mar

15 Agosto 2021
fotos CR

Presidida polo arcebispo metropolitano, Monseñor Xulián Barrio Barrio, a tarde deste sábado tivo lugar no porto de Ribeira a tradicional misa ao aire libre na honra da Virxe do Carme coa que todos os anos a veciñanza da cidade quere render tributo á patroa da xente do mar: unha cerimonia que por segundo ano consecutivo tivo lugar baixo a aplicación de medidas anticovid pero que malia as limitacións que isto conleva o pobo volveu responder masivamente.

A celebración, na que tamén estaba o cura da parroquia de Santa Uxía, Alfonso Mera, contou entre outras autoridades coa presenza da conselleira do Mar, Rosa Quintana; o alcalde Manuel Ruiz; os patróns maiores de Ribeira e Aguiño, edís da Corporación, capitán marítimo de Vilagarcía, representantes das forzas vivas do municipio, etc…

Unha vez máis, integrantes das Alfaia e Amas de Casa luciron traxe negro e mantilla. Contou coas intervencións musicais da Coral Polifónica Municipal de Ribeira e da Banda de Música do Cristo da Buena Muerte de Ferrol, en tanto que Ange-Patrick Duhy cantou varios temas coa súa portentosa voz.


Concluída a Eucaristía, o arcepisbo, o cura párroco e o patrón maior de Ribeira embarcaron para facer unha ofrenda floral ás vítimas do mar e, unha vez regresado, emprendeuse unha procesión ata a igrexa de Santa Uxía con paso por diante da Residencia de Maiores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.