Os servizos de emerxencia localizaron falecido a un ciclista que se atopaba en paradoiro descoñecido nunha pista forestal na parroquia de Sestaio, en Muros.
O corpo sen vida do home de 41 anos, foi atopado pola Garda Civil, logo de recibir no 112 Galicia a alerta da súa desaparición a través dun compañeiro do varón falecido.
O 112 Galicia tivo coñecemento da falta do ciclista ás dúas e media desta tarde. Segundo indicaba o compañeiro do ciclista na súa chamada, o home saíra coa bicicleta ás nove e media da mañá e descoñecía onde se atopaba.
Acto seguido, os xestores puxeron a situación en coñecemento da Garda Civil, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Muros e de Protección Civil.
Moi preto das catro da tarde, os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que atoparan ao ciclista falecido nunha pista forestal próxima a Cruz de Pelos.




