Hostalería e pubs poderán pasar a ponte sen certificado covid, pero haberá peches o martes se non hai aval do TSXG

13 Agosto 2021
  • A espera da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, implantaranse unha serie de medidas alternativas  a partires do vindeiro martes
  • Sanidade pide prudencia á poboación, ante unha ponte festiva na que se prevé moito movemento e lembra que é fundamental o cumprimento das normas

A Xunta de Galicia está á espera da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e seguindo o seu criterio, os certificados deixan de ser esixibles para o control da transmisión nos interiores da hostalería e do lecer nocturno en función do nivel do concello.

Na súa ausencia, preparáronse unha serie de medidas alternativas para seguir tratando de manter o control da transmisión, que implican unha revisión dos aforos, previamente ampliados grazas ao uso do certificado. En todo caso, buscando non causar un mal maior nin ao sector nin sobre todo á poboación que coñecía e manexaba unhas normas que agora van cambiar, establécese un tempo razoable para a correcta difusión e coñecemento, que leva á entrada en vigor das novas normas ás 0.00 horas do martes, no caso de que o TSXG non ratificase o luns as medidas hoxe remitidas.

Ditas normas consistirían no axuste de aforo no interior da hostalería do nivel máximo, pasando do 30 % con certificado ao seu peche. No caso do nivel alto pasaría dun aforo do 50 % con certificado ao 30 % sen certificado. No caso do lecer nocturno, o aforo no interior dos niveis medio e medio baixo modificaríanse do 50 % con certificado ao 30 % sen certificado. Estas medidas serán revisadas polo comité clínico na súa reunión do próximo mércores e axustadas, de ser o caso, para optimizar o control da transmisión.

Dende a Consellería de Sanidade pídese prudencia á poboación, ante unha ponte festiva na que se prevé moito movemento e lembra que é fundamental o cumprimento das normas.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...