Non se agardan cambios significativos para o sábado e o domingo na comarca, polo que serán unhas xornadas de novo de tempo seco e de sol en xeral. Nas primeiras horas do día predominarán as nubes baixas no terzo norte e co avance da xornada irán entrando as brétemas por puntos das Rías Baixas. As temperaturas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos o que ocasionará unha forte sensación de calor pola tarde. O vento soprará frouxo do nordés.

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar rizado á mañá, marusía á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e 0.5 a 1 metros á tarde e á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 02:35 | 0.8 m |
| Preamar | 08:51 | 3.3 m |
| Baixamar | 14:51 | 0.9 m |
| Preamar | 21:12 | 3.4 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 02:28 | 0.8 m |
| Preamar | 08:42 | 3.3 m |
| Baixamar | 14:43 | 0.9 m |
| Preamar | 21:03 | 3.4 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Baixamar | 02:31 | 0.8 m |
| Preamar | 08:46 | 3.3 m |
| Baixamar | 14:47 | 0.9 m |
| Preamar | 21:07 | 3.4 m |
* As horas están en horario local.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Praia de Carnota
- Praia Ézaro
PREVISION TEMPO PARA OS PRÓXIMOS 14 DIAS




