As deputacións examinan a viabilidade da ponte entre Catoira e Rianxo, que se pecha este xoves temporalmente

13 Xuño 2019

A ponte que une os concellos de Rianxo e Catoira dende 1981, cruzando o Ulla e abeirando as Torres do Oeste, volve estar no punto de mira polas súas necesidades periódicas de acondicionamento e reparación. Para coñecelas de primeira man, as deputacións de Pontevedra (a través do Departamento de Mobilidade) e Coruña están a realizar esta semana inspeccións específicas sobre as posíbeis eivas estruturais da construción, con visitas a efectuar arranxos concretos en caso de que sexan precisos. Esta inspección obrigará a cortar hoxe (xoves 13) ao tráfico un dos carrís do viaduto, entre as 10 e as 12 da mañá aproximadamente.

Entre os traballos concretos a desenvolver, realizarase unha inspección visual exterior (empregando cámaras fotográficas con zoom, GoPro con pértega, prismáticos, etc.); un exame interior (para o que se empregará cámara fotográfica, martelo, fisurómetro, etc.) e unha inspección exterior mediante dron; ao que cómpre engadir unha nivelación do bordo da calzada.

Unha vez rematados os traballos de campo comezará o labor en gabinete para realizar unha avaliación da obra, que cotexará os datos obtidos a pé de ponte e incorporará as reparacións previas. “Con esta avaliación estrutural preténdese obter o nivel de seguridade do viaduto ante as solicitacións de carga actuais”, explicou a Deputación de Pontevedra, engadindo que cos resultados obtidos poderíase barallar a posibilidade de establecer limitacións no uso do viaduto e/ou abordar traballos de reparación da estrutura.

O labor de inspección ten un prazo de execución de cinco meses e un orzamento de 18.089,50 euros.

Un pouco de historia

A orixe da ponte está nos anos sesenta, cando as necesidades de comunicación dunha Galicia en pleno desenvolvemento e dun volume de tráfico interprovincial que non paraba de medrar derivaron no xermolo do proxecto. Finalmente, comezouse a construír na seguinte década, para ser inaugurado en 1981 logo dun investimento total de 1,2 millóns de euros. En 2004 a ponte de Catoira foi remodelada en profundidade, pero o proceso de deterioro seguiu avanzando anos despois, en boa medida pola antigüidade da infraestrutura de base e, tamén, polo volume importante de tráfico (moito del pesado) que soporta a diario (uns 10.000 vehículos). Entre os principais problemas actuais da ponte, como ben saben os condutores que a cruzan, figuran o afundimento do firme nalgúns treitos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...