Turismo de Rianxo permite coñecer os tesouros do concello a través de roteiros guiados

12 Agosto 2021

A Área de Turismo do Concello de Rianxo organiza un programa de roteiros guiados con prazas limitadas para dar a coñecer diferentes lugares de interese do termo municipal durante o mes de agosto.

O lugar e hora de inicio de cada ruta serán os indicados a continuación:

–Vila de Rianxo

19 de agosto – 11:00 – Praza de Rafael Dieste (Coordenadas: 42.650543, -8.818816)

–Hórreo do Araño

20 de agosto – 11:00 – Aparcadoiro fronte ao hórreo do Araño (Coordenadas: 42.694419, -8.800977)

–O Rianxo literario

26 de agosto – 11:00 – Diante da Casa de Castelao (rúa de Abaixo) (Coordenadas: 42.651015, -8.819127)

–O Rianxo mariñeiro

27 de agosto – 11:00 – Peirao de Setefogas (Coordenadas: 42.653885, -8.818564)

A inscrición (obrigatoria) deberá facerse nos puntos de información turística de Rianxo ou no teléfono 604023753 (de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 19, fin de semana de 10:30 a 14:30). O prazo límite para formalizar a nosa asistencia é de dous días antes de cada ruta e o número mínimo de persoas para participar en cada ruta é de cinco. O número máximo é 10. A duración de cada andaina é de entre 1h 30min e 2h.

Medidas anti-COVID

– Obrigatorio o uso de máscara de prevención durante toda a actividade.

​​​​​​​- Distancia de seguridade entre participantes non convivintes durante toda a actividade.

​​​​​​​- Non poderán participar as persoas con sintomatoloxía compatíbel coa COVID-19.

​​​​​​​- Prohibido fumar, comer ou beber durante a actividade (agás auga de xeito puntual).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.