O BNG presentará novas propostas para reverdecer Ribeira

11 Agosto 2021

O BNG volverá incidir na necesidade de aumentar as zonas verdes e as rúas con vexetación que actualmente existen en Ribeira e recrimínanlle ao Partido Popular a súa política de “máis cemento, palmitos e herba de plástico” ou os arboricidios feitos na avenida da Coruña coa eliminación de exemplares de gran tamaño.

A formación nacionalista incide en que Ribeira ten un déficit importante de zonas verdes e faise imprescindíbel aumentar a vexetación que hai nas rúas e prazas do municipio co fin de mellorar a calidade do aire e tamén a calidade de vida das veciñas e dos veciños, sobre todo nun contexto de pandemia onde tan necesarios son os espazos ao aire libre. Neste sentido, o concelleiro Luís Pérez Barral, asegura que o BNG ten feito propostas construtivas e mesmo un plan denominado “Reverdecer Ribeira” para que o casco urbano e as parroquias gañasen espazos verdes nos que as persoas poidan descansar e desfrutar do seu tempo libre”.

Referíndose á reforma da avenida das Carolinas, Pérez Barral explicou que o PP fai todo o contrario ao que se está facendo nas vilas e cidades de practicamente todo o mundo; “reduce carrís, aparcadoiros e só aumenta o cemento, os palmitos e a herba de plástico. É triste”. Desde o BNG lamentan a oportunidade perdida que supón a reforma das Carolinas, cren que debería ter sido aproveitada para facer un gran bulevar con espazos de sombra e zonas verdes nas que a veciñanza puidese estar, pasear e desfrutar. “O goberno de Ruiz vai no sentido contrario ao que están facendo as vilas e cidades de practicamente todo o mundo e vese nesta obra na que hai cemento por todas partes ou na tala de árbores da avenida da Coruña”.

Ante estes feitos, o BNG volverá rexistrar iniciativas para reverdecer Ribeira ante o déficit de zonas verdes e espazos para que a xente poida estar libremente e desfrutar do seu tempo de ocio. Proporán que se creen áreas verdes polo centro urbano e parroquias e que se aumenten as árbores de medio e gran porte que hai nas rúas. “Se algo precisamos en Ribeira é menos cemento e máis vexetación e espazos de ocio porque os espazos verdes, as árbores e as plantas na cidade melloran a calidade de vida das veciñas e veciños contribuíndo na creación dun ambiente social, de convivencia, de educación ambiental e mesmo revalorizan o prezo dos inmobles e locais que hai nesas rúas” asegurou o edil nacionalista.

Falta de planificación

O BNG tamén recriminou a falta de planificación na obra do García Bayón que lle está a causar graves prexuízos aos negocios de hostalaría que hai nese parque. Barral lembrou a petición que lle fixera o Bloque no seu día ao goberno local para acelerar as obras do parque aproveitando o feche dos negocios, evitando así, causarlles trastornos económicos e molestias pero non esa petición non foi atendida. Segundo o BNG, a semana pasada recibiron chamadas de autónomos que rexentan negocios na zona para queixarse de como as obras lles dificultan o traballo, sobre todo nas horas de máis afluencia de persoas como poden ser ao mediodía. Ante estes feitos, desde o BNG xa lle trasladaron as queixas ao persoal técnico municipal e pídenlle ao goberno local que planifique as obras que se realizan porque o que vemos é un absoluto caos” finalizou Barral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.