Dispoñíbeis en liña os cinco audiovisuais da iniciativa Mulleres nas letras da Deputación da Coruña

05 Agosto 2021

A Deputación da Coruña, a través da área de Normalización Lingüística, presentou este 5 de agosto cinco audiovisuais didácticos para coñecer as escritoras homenaxeadas no Día das Letras. O obxectivo destas contribucións é “promover a visibilidade das nosas autoras recoñecidas na festa do 17 de maio e profundar no coñecemento das súas obras e traxectorias”. Achéganse baixo o epígrafe Mulleres nas letras. De onte a hoxe.

A área de Normalización Lingüística e Igualdade da Deputación da Coruña, que xestiona a deputada María Muíño, vén de completar a totalidade dos recursos audiovisuais da iniciativa Mulleres nas letras. De onte a hoxe. Trátase de cinco micro-vídeos didácticos que xa están dispoñíbeis en liña para descarga libre para todo tipo de público, e nomeadamente para que “a comezos do vindeiro curso escolar, os centros educativos interesados poidan traballar especificamente sobre a figura da muller escritora e a súa visibilidade ao longo da historia”, sinalou a deputada.

A campaña púxose en marcha en maio, na contorna do Día das Letras, co duplo obxectivo de homenaxear en poñer en valor tanto obra como traxectoria das escritoras homenaxeadas como para visibilizar que en toda a historia do Día das Letras tan só foron cinco as mulleres escritoras homenaxeadas: Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera Garrido (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021).

Así, o primeiro dos vídeos dos vídeos realizados foi o de Xela Arias, no contexto das actividades programadas pola Deputación da Coruña con motivo do Día das Letras deste ano, e nesta mesma semana subiuse o último, dedicado a Francisca Herrera Garrido, e completando a totalidade dos recursos. Os micro-vídeos están concibidos cunha estrutura de preguntas e respostas interactivas para achegar á xente moza contidos relacionados coa obra e traxectoria das cinco escritoras de xeito ameno e atractivo.

Os recursos están accesíbeis tanto no Youtube da Deputación coma no apartado de Normalización Lingüística da web da Deputación.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.