Noia foi unha festa para recibir ao deportista olímpico Caetano Horta

02 Agosto 2021

Este domingo, malia a choiva que se fixo intensa por momentos, a xente de Noia pechou fileiras arredor do remeiro olímpico local Caetano Horta, ofrecéndolle un recibimento de altura (multitudinario pero modélico dende o punto de vista da seguridade COVID) despois da súa impecábel e meritoria participación nos Xogos de Toquio.

Na recepción oficial participaron amizades, veciñanza, familiares e tamén representantes políticos locais, entre os que se atopaban o alcalde Santiago Freire e a concelleira de Deportes, Laura Salgado, que acompañaron a Caetano até a Casa do Concello percorrendo un camiño baixo as palas de remo, que os seus compañeiros do Club do Mar Noia organizaron para celebrar o seu diploma olímpico.

A concelleira de Deportes fíxolle entrega dun agasallo recoñecendo a súa traxetoria olímpica.

Caetano tivo tempo para relatar algúns detalles da súa experiencia nos Xogos Olímpicos, narrando con entusiasmo todo o vivido e augurando poder participar nos próximos xogos olímpicos ca esperanza de volver a casa acompañado dunha medalla. Despois subiu ao balcón do Concello, acompañado de parte dos membros da Corporación municipal, para saudar a todos os asistentes ao acto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.