Mocidade Creativa, o programa de microfestivais que dá visibilidade aos novos artistas da zona

29 Xullo 2021
A Deputación da Coruña presenta Mocidade Creativa, un programa co que busca impulsar e dar a coñecer o traballo de mozos e mozas artistas a través de seis microfestivais que terán lugar este verán nos concellos de Noia, Boiro, Outes, A Pobra do Caramiñal, Valdoviño e Ames

A Deputación da Coruña vén de presentar Mocidade Creativa, u programa co que busca impulsar e dar a coñecer o traballo de mozos e mozas artistas a través de seis microfestivais que terán lugar este verán nos concellos de Noia, Boiro, Outes, A Pobra do Caramiñal, Valdoviño e Ames. “O programa pretende dar apoio ás e aos artistas máis novos da provincia fronte ás dificultades que estes se atopan para mostrar a súa creatividade”, comentou a deputada da área de Mocidade, Sandra González.

Os microfestivais correspondentes á zona celebraranse en Noia (31 de xullo), Boiro (7 de agosto), Outes (7 de agosto), A Pobra do Caramiñal (14 de agosto). Estas actividades incluirán concertos musicais de diversos estilos, espectáculos de maxia, exhibicións de baile, monólogos ou talleres de cultura urbana.

En Noia, as actuacións musicais con Monoulious Dop e Banda de Rap comezará ás 22:00 horas no Malecón de San Lázaro. En Boiro, The Cuncas, Manuel Astray e Las Hijas de ZP actuarán no Parque da Cachada a partir das 11:00 horas. Carolina Ageitos, Adrián Regenco e The Rapants participarán en Outes, no Peirao do Freixo a partir das 20:45 horas. Por último, na Pobra levarase a cabo un taller de DJ e produción, graffiti e un coloquio sobre a figura da muller. Os talleres serán a partir das 12:00 horas e as 17:00 horas, e a charla será de 18:00 a 19:00 horas.

Outros artigos

En Portosín xa se respira o nacional de ILCA 4

Juan Caballero (texto e fotos). A ría de Muros e Noia será escenario, do 1 ao 5 do próximo mes de maio, do Campionato de España de ILCA 4 (anterior Láser 4.7), modalidade por excelencia xuvenil na vela española e que achegará á comarca do Barbanza a 150 regatistas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....