A BRILAT de Pontevedra recala na Pobra este xoves da man da base náutica Palmira Scuba Club

28 Xullo 2021

Logo da interrupción de 2020 motivada pola incidencia da COVID-19, este xoves 29 de xullo, da man da base náutica Palmira Scuba (con sede na Pobra), a BRILAT de Pontevedra estará de novo presente no Barbanza para desenvolver parte das súas actividades de extensión cultural e deportiva na localidade do Caramiñal.

Adaptados ás circunstancias, trátase dun grupo reducido formado por mandos da BRILAT e compoñentes da patrulla e delegados do batallón de zapadores gañadores da XX edición do Concurso de Patrullas Tui – Santiago Raid, que discorre polo itinerario do Camiño Portugués.

Será, segundo informa a organización, “unha xornada con actos de signo institucional e con actividades formativas, nas que poder descubrir a localidade e os seus potenciais comunitarios, organizada pola base náutica Palmira Scuba Club, da que é capitán José Manuel Fernández Gómez”.

Vertente cultural

Ás 10:00 horas os participantes cursarán a súa tradicional visita ao Museo Valle-Inclán, onde serán recibidos polo director desta institución, Antonio González Millán, quen impartirá unha visita comentada á Torre de Bermúdez como Monumento Nacional e ao Museo Valle-Inclán como decano do país sobre o escritor.

Vertente empresarial

A estadía na Pobra proseguirá cunha visita ao Polígono Industrial da Tomada para coñecer de primeira voz o procesamento conserveiro nas instalacións da firma Luis Escurís Batalla, onde serán acompañados dos seus responsábeis.

Vertente deportiva

Entre as propostas organizadas para esta visita da BRILAT de Pontevedra a Pobra do Caramiñal tamén está incluída a práctica actividades náuticas na praia da Lombiña – Cabío e de submarinismo en augas da ría de Arousa.

Logo de todas estas actividades, ao rematar a xornada o club Palmira Scuba ofrecerá unha degustación de produtos típicos do Barbanza na súa base náutica do porto.

Outros artigos

As augas da Pobra serán escenario da Regata Liga Norte Traiñeiriñas

O remo non para na Pobra do Caramiñal. As augas da localidade acollerán a Regata Liga Norte Traiñeiriñas no sábado 4, a partir das 11.00 horas. Tomarán parte as categorías cadete, xuvenil e absoluta, tanto feminina coma masculina, da provincia da Coruña. O concelleiro...

+

A Marcha Popular do Barbanza conxugou un ano máis deporte e paisaxe

O tempo cambiante do 1 de maio non impediu que medio cento de persoas se botase a andar coa XXXVII Marcha Popular do Barbanza, organizada conxuntamente pola Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, coa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...