Estafado un veciño de Boiro na venda en liña dun coche

28 Xullo 2021

O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil de Noia investigou a un home veciño de Murcia como presunto autor dun delito de estafa duns 2.500 euros a unha persoa en Boiro na venda a través de Internet dun vehículo.

O Instituto Armado abriu unha investigación por mor da denuncia interposta polo prexudicado nas dependencias da Garda Civil en Boiro. Na mesma comunicou localizar o anuncio da venda dun automóbil nunha coñecida páxina da internet, tras o cal púxose en contacto co anunciante. Unha vez acordado o importe da venda en 2.500 euros, o prexudicado realizou unha transferencia ao suposto vendedor. “Despois de pasar un período prudencial sen recibir o vehículo comprado trato de poñerse en contacto co vendedor, comprobou que este cortara todo canle de comunicación con el”, destacan as mesmas fontes.

A Garda Civil investigou os feitos co fin de constatar a veracidade dos mesmos e identificar o autor ou autores no seu caso. Así, no transcurso da investigación os efectivos corroboraron a existencia do ilícito, así como o modus operandi, o cal “consistía en publicar anuncios de venda de vehículos engadindo fotografías nas que se vían as placas de matrícula, as cales correspondían a vehículos coa documentación en regra, por se algún dos posibles compradores realizaba consultas sobre o mesmo”.

Como froito da investigación a Garda Civil logrou a identificación do presunto autor da estafa, coñecido das forzas de seguridade por delitos da mesma índole. A benemérita continúa coa investigación aberta para a localización desta persoa ao atopase en paradoiro descoñecido.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...