“O sector pesqueiro de Cariño non se involucra na defensa da súa confraría” – Antón Luaces

27 Xullo 2021

Unha débeda de case 800.000 euros é a causa principal da máis que probable desaparición a curto prazo de tempo do pósito de pescadores de Cariño.
Este porto pesqueiro, considerado ata non vai moitos anos un dos máis importantes -senón o que máis- do Norte de Galicia, apenas ten na actualidade unha actividade distinta á do embarque de madeira e mineral de dunita, e a súa lonxa de pesca fresca limítase ás subhastas das capturas que realizan a trintena de percebeiros -integrados na agrupación local deste sector- e as vendas de peixe de dous cerqueiros e algunhas outras pequenas embarcacións con base neste ata certo punto amplo porto, amais da descarga ocasional dalgún boniteiro (como aconteceu estes días).
O son da serea da lonxa de Cariño chamando á venda de peixe era unha constante no devir da vila convertida en concello no ano 1988. E a súa estrada provincial -ao igual que moitos camiños e pistas forestais das cinco parroquias que se enmarcan nos 47 quilómetros cadrados da contorna municipal- eran ata os anos 70-80 do século pasado os vieiros que guiaban a centos de mulleres que elaboraban conservas na vintena de fábricas e salgaduras existentes na localidade. Estrada e vieiros asemade percorridos por centos de mariñeiros do propio Cariño, da Pedra, de Figueiroa, da Ortigueira e Sismundi que se dirixían ao porto -despois de ter traballado nas terras- para embarcar nas máis de vinte tarrafas, varias motoras, xeiteiros, etc. con base na vila cariñesa que, daquela, había.
Hoxe en día, estrada e camiños ou pistas son como os restos dunha historia que se esvaece na néboa e os nubeiros da Miranda, a altura por excelencia desta zona, desde que, nos anos da emigración masiva a Europa -a terceira, após á de Cuba e a que seguiu a Brasil- á que vai poñer, nuns anos, pouco, o peche e desaparición da confraría de pescadores, herdanza que foi daqueles homes de mar que deron en erguer un pósito que converteron en escola para moitos mestres da pesca e outros que se empregaron nuns oficios máis ou menos relacionados co mar.
Esta confraría tiña, no ano 2014, unha débeda de 820.000 euros, e sen apagar outras como as contraídas coa Seguridade Social e salarios dos seus empregados, con Facenda, etc. Na actualidade, a débeda rolda o medio millón de euros, após unha redución notable na anterior citada que, nos últimos anos foi aumentando ata chegar a ese medio millón actual.
Todo comezou coa petición ao ICO dun crédito de 60.000 euros. Para faceren fronte aos gastos que isto significaba, víronse mergullados en manobras que moitos desaconsellaron e que, malia todo, levaron á xunta directiva da entidade a solicitar outro préstamo a unha entidade bancaria por importe de 200.000 euros. Foi neste momento cando os armadores dos poucos barcos que quedaban optaron por vender as súas capturas noutros portos. Por este motivo, a lonxa local deixou de ingresar as cotas por venta de peixe e a fábrica de xeo, propiedade da confraría ao igual ca lonxa, tamén deixou de producir, co que a débeda se incrementou ano tras ano ata chegar a ser inasumible para a entidade.
Por se isto fose pouco, a decisión de Portos de Galicia de cobrar as taxas portuarias – en especial a denominada G-4, que grava escandalosamente as actividades pesqueiras das que son recoñecidas coma entidades de dereito público sen ánimo de lucro- conduce ao abismo ao pósito e os seus empregados, porque esas taxas non se pagaban.
A confraría herdou do histórico pósito un solar situado perto do porto que, taxado posiblemente moi por baixo do seu valor real, fo: vendido por unha directiva anterior. Xa con outra directiva tentouse en troco con Portos de Galicia: O pósito ofrecía a este ente a venda do terreo no que a Consellería do Mar construíra a coñecida como Casa Portuaria -que non paga nada á confraría por ela- e chegar a un acordo para diminuír a débeda contraída; pero foi un falar por non estaren calados: a Consellería nunca aceptou a proposta e agora solicita a apertura dun procedemento polo que os mariñeiros van perder os servizos e o edificio da confraría de pescadores situado en terreo propiedade da Xefatura de Costas, organismo do Estado.
A Federación Provincial de Confrarías da Coruña afirma que descoñecía ata agora a situación do pósito de Cariño, algo que sí asegurou coñecer o presidente da Federación Nacional. O Concello de Cariño di non ter posibilidade algunha de intervención neste problema totalmente gremial. Os poucos armadores de pesca domiciliados en Cariño pero con barcos que teñen a súa base noutros portos, non ofrecen garantías de ningún tipo de volver a vender as súas capturas en Cariño. A lonxa funciona grazas aos percebeiros, A fábrica de xeo serve de pista de adestramento a rapaces que practican rapel. E as rúas, agás os visitantes e turistas de verán, poucos paseantes reciben de non ser os xubilados.
Será este, o dos xubilados, o que quede daquel Cariño conserveiro, mariñeiro e labrador?. Será, como din algúns, o futuro a máis ou menos curto prazo de tempo, dos pobos pescadores de Galicia?.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...