Entregados en Rianxo os premios da campaña A miña avoa a prol do comercio local

26 Xullo 2021

A semana pasada realizouse en Rianxo a entrega dos premios da campaña A miña avoa, posta en marcha polo Goberno local para fortalecer a aposta polo comercio local a través dun convite á busca de vales de compra. Os premios foron entregados polo alcalde Adolfo Muíños, e a tenente de alcalde, Carmen Figueira. As gañadores e gañadores resultaron ser Noelia e Cristina Ces Comojo, Abel Deira Lodeiro, Pilar Alcalde Varela, Paula Besada Waldomar, María e Maite Varela Sóñora, Breixo R. Escudero e Noel A. Galbán (este último atopou dous tesouros).

A entrega dos galardóns nunha imaxe de El Correo Gallego

A miña avoa

O Concello de Rianxo quixo activar este verán unha proposta lúdica e participativa para dinamizar o comercio local nestes tempos de paulatina recuperación ao tempo que recoñecía e distinguía a implicación das rianxeiras e rianxeiros cos establecementos dos seus veciños e familiares. De aí xurdiu o devandito concurso A Miña Avoa, no que participaron máis de 100 negocios locais. Neles, os participantes puideron obter as pistas que os levasen a atopar un dos moitos tesouros agochados pola vila, que eran vales de compra para o comercio local.

O certame consistiu nun xogo de pistas e descubrimentos, a xeito de reto arqueolóxico. Propúxose unha historia a través dunha antiga publicación na que un entrevistado falaba da súa avoa, unha celebridade da vila que, pola información obtida, era probábel que tivese agochado agasallos por todo o concello, “como facía cos seus regalos de aniversario cando era só un neno”, sinala o entrevistado, que remata o seu diálogo deste xeito: “Foi unha gran avoa, unha gran persoa e sobre todo, unha gran arqueóloga”. No texto ofrécense unha serie de pescudas para a localización dos tesouros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.