Empezan a baixar os casos de Boiro e A Pobra. Soben os positivos en Noia, Muros e Santiago. Na área a 1.721, 141 novos casos

22 Xullo 2021


A Pobra, Boiro, Cambados, O Barco, Meaño, Sanxenxo e O Grove estarán en nivel máximo de restricións desde o sábado. Destes sete, dous xa están a baixar o seu cómputo semanal, o que indica que poden estar próximos a un pico. Son os de Boiro e A Pobra. A área sanitaria de Santiago- Barbanza ten +141 casos activos.

Noia sobre 4 casos, Muros 9, Santiago De Compostela +12. Baixan Boiro -14 (baixa a 126); O Son -4 (baixa a 29) e Pobra Do Caramiñal -10 (baixa a 47). Ribeira segue con 95; Rianxo 17. Lousame e Outes menos de 9.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 13.963 deles 2.371 son da área da Coruña, 1.364 da de Lugo, 2.285 da de Ourense, 2.485 da de Pontevedra, 3.165 da área de Vigo, 1.721 da de Santiago e 572 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 están en UCI, 153 en unidades de hospitalización e 13.788 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 129.036 persoas curadas, rexistrándose 2.443 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.488.919.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.331.572.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.