Rianxo acolle a celebración do Día da Patria Galega da man do BNG da Barbanza

21 Xullo 2021


O BNG da Barbanza celebrará o Día da Patria na comarca cunha xeira de actividades que terán lugar na localidade de Rianxo o próximo venres 23 de xullo. Baixo o lema “Galiza sen límites”, a organización nacionalista quere destacar a Galicia con futuro, sen límites que queren construír con todas as galegas e galegos.
Así, a organización comarcal propón para este venres unha xornada que comezará cun roteiro literario pola vila que guiará o alcalde, Adolfo Muíños. Seguiralle un acto político, no que intervirán o propio rexidor, a deputada no Parlamento Galego, Rosana Pérez, e outros integrantes do BNG barbanzá. A tarde rematará cun concerto do grupo
de Moaña The Lelli Kelly’s.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.