Catro futuros axentes en réxime de prácticas para a Comisaría de Ribeira

20 Xullo 2021

Este 20 de xuño celebrouse na Coruña o acto de benvida das alumnas e alumnos axentes que se incorporan en réxime de prácticas ás comisarías que ten a Policía Nacional na provincia, catro dos cales (dun total de 49, sendo 108 os de toda Galicia) desenvolverán o seu labor nas dependencias de Ribeira. No acto participaron o xefe superior de Policía de Galicia, José Luis Barreiro, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, quen destacou “a importancia da formación das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para garantir a seguridade cidadá”.

Rivas lembrou ás alumnas e alumnos que “agora se enfrontan aos novos retos que demanda a sociedade e que cada vez son máis diversos e variados”, citando entre eles a loita contra a violencia de xénero, contra os delitos relacionados coas novas tecnoloxías e coa propia seguridade das persoas, ademais de tarefas como a protección do Camiño de Santiago e dos peregrinos.

Na súa intervención, a subdelegada do Goberno pediu aos axentes un compromiso cos coruñeses e coruñesas, así como cos visitantes que nos próximos meses visiten as súas localidades de destino.

Dos 108 policías, 49 farán as prácticas nas comisarías da Policía Nacional na provincia da Coruña. Concretamente, 16 na comisaria da Coruña, 20 na comisaría de Santiago, 9 na comisaría de Narón-Ferrol e 4 na comisaría de Ribeira. Dos 49 axentes, quince son mulleres.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...