Lousame vén de investir máis de 32.000 euros na mellora dos accesos ao Club de Xubilados de Aldeagrande

17 Xullo 2021

O Concello de Lousame vén de investir máis de 32.000 euros na mellora dos accesos ao Club de Xubilados de Aldeagrande, unha actuación incluída no do proxecto “Pavimentación de viarios en Béxeres e outros” e financiado ao abeiro do POS+2019. Unha actuación sobre 865 metros do camiño, onde se mellorou a capa de rodaxe con cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma.
Así mesmo, ancheouse parte do camiño, pois se executaron 225 m 2 de sobreanchos, e se adaptaron os pozos e arquetas de recollida de pluviais á nova rasante da estrada. Unicamente falta por repoñer a sinalización horizontal, con pintado de liñas en bordes.
A alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, explica que “é unha actuación moi importante en aglomerado para mellorar os accesos ao Club de Xubilados, agora que comezan a recuperar a actividade despois dun último ano moi complicado”. De feito, o local abre todos os domingos pola tarde para que calquera persoa poida desfrutar da II Exposición Etnográfica de Fotografía, que recolle 99 imaxes antigas (de entre os anos 30 e 60 do ano pasado) achegadas por unha vintena de maiores do municipio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.