Portosín contará cun novo colexio público

16 Xullo 2021

A Xunta de Galicia pon fin á tramitación ambiental do instrumento urbanístico que permite a construción dun novo colexio público en Portosín (Porto do Son), despois de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda emitise o informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións.
Este Plan, impulsado polo Concello, ten por obxectivo establecer unha ordenación detallada para este ámbito no que se instalará o novo equipamento educativo, que virá a substituír ao situado na praia de Coira, un centro que ocupa dominio público marítimo- terrestre e está afectado pola servidume de costas.
Así, tal e como se indica no informe emitido pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, non se esperan efectos ambientais significativos, polo que non é necesario sometelo a avaliación ambiental estratéxica. Non obstante, indícase que o Plan especial deberá incluír as determinacións normativas necesarias para garantir o cumprimento da lexislación vixente en materia de prevención e defensa contra incendios forestais.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade está traballando en colaboración coConcello para que as familias de Portosín conten cunha infraestrutura educativa axeitada ás necesidades de futuro, en liña co establecido no Plan de nova arquitectura pedagóxica tanto no eido sanitario como no académico e tecnolóxico.
Así pois, a nova infraestrutura que se deseñe terá unha orientación estritamente educativa, con espazos máis amplos e polivalentes, máis saudables, ambientalmente sostibles e cun reforzo da dotación tecnolóxica para afrontar o futuro dixital.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.