Unha decena de concellos da nosa contorna beneficiaranse das axudas para promover o galego dende o local

16 Xullo 2021

A Secretaría Xeral de Política Lingüística informou no seu portal, Lingua.gal, dos concellos que se van beneficiar este ano das axudas da Xunta para promover o galego “dende o ámbito local”. Serán, en total, 85 municipios (entre os que se contan, como se pode ver no PDF do DOG, Muros, Outes, Rianxo, Boiro, Ribeira, Dodro, Noia, A Pobra do Caramiñal e Carnota) unha contía de 350.000 euros, o que, supón un incremento do 40% con respecto á dotación orzamentaria de anos anteriores.

Ao abeiro destas axudas, os concellos poderán sufragar os gastos derivados da creación, do reforzamento e do mantemento de unidades técnicas especializadas en lingua galega, así como da programación de actividades específicas coas que dinamizala desde o tecido municipal. Os ámbitos estratéxicos de actuación que se priorizan son o do deporte, o da mocidade, o das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), o do tecido económico empresarial, o dos servizos sociais e o da perspectiva de xénero e igualdade entre homes e mulleres.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García

A convocatoria dálle cumprimento á directriz aprobada polo Consello da Xunta de Galicia en 2013 de impulso á prestación de servizos compartidos entre concellos, a prol dunha maior eficacia, eficiencia e coordinación.

Así, 23 concellos das provincias da Coruña, Lugo e Ourense concorren e benefícianse dela a través de oito agrupamentos: A Baña e Negreira, Carnota e Mazaricos, Rois e Dodro e os xa pertencentes á entidade supramunicipal da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (Ordes, Cerceda, Frades, Oroso, Trazo e Tordoia); Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños e mais Boborás e Castrelo de Miño; Quiroga e Rivas de Sil e mais Carballedo e Chantada, respectivamente. Para alén disto, ao abeiro das axudas, o tecido municipal galego contará con servizos lingüísticos de nova creación nos concellos de Noia, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao, Carballedo e Chantada.

A convocatoria enmárcase nas accións de promoción do galego desde o ámbito local que desenvolve a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, entre as que destacan a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), que integra máis de 200 entidades, e os programas e as iniciativas asociados a ela. Neles, ten especial incidencia desde o ano pasado o desenvolvemento da programación de actividades do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, baixo os obxectivos de apoiar este sector e os seus axentes e profesionais no contexto da COVID-19, promover iniciativas que sirvan para acelerar a recuperación do tecido económico cultural e creativo galego e poñer a disposición da cidadanía unha oferta cultural e lingüística de calidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.