Na Pobra disolta unha concentración de 45 mozos e interpostas 16 denuncias

13 Xullo 2021

A Garda Civil do Posto Principal de Boiro , en colaboración coa Policía Local da Pobra do Caramiñal, disolveu unha concentración de mozas na segunda localidade coruñesa na que bebían e bailaban nuns xardíns. No marco desta actuación para velar polo cumprimento das medidas para frear a pandemia da Covid foron interpostas 16 denuncias. Os feitos sucederon ás 2,00 horas do pasado sábado, ao ter coñecemento os efectivos de ambos os corpos de seguridade da presenza dun grupo duns 45 mozos nos xardíns Valle Inclán na Pobra.

Os efectivos actuantes compareceron no lugar e comprobaron que os mozos bailaban, consumían bebidas e fumaban nalgún dos casos, subliña a Benemérita, “todo iso sen gardar a distancia de seguridade persoal nin facer uso da máscara e superando con fartura o número máximo de persoas permitido para as reunións no exterior”.

Ao decatarse da presenza policial, a maioría dos integrantes do grupo abandonou o lugar á carreira. Os efectivos actuantes interceptaron e identificaron a 16 destas persoas e procederon á tramitación de denuncias por supostas infraccións á normativa sanitaria vixente. (A)

Xardíns Valle-Inclán A Pobra

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.