A USC e Rianxo fortalecerán os contactos entre Galicia e Portugal

11 Xuño 2019

Rianxo vaise estar este verán no punto de mira da lusofonía: o sitio onde se atopan, comodamente e cunha manchea de cousas en común, as diferentes vertentes da cultura galego-portuguesa. O motivo? A celebración, do 25 ao 28 de xuño no auditorio de Rianxo, da actividade formativa Galego, porta aberta para o mundo: Lingua, pensamento e cultura na Galiza e Portugal. Trátase dun curso de verán da USC, de 32 horas lectivas e dirixido pola profesora e escritora Teresa Moure, autora de importantes fitos literarios recentes da nosa cultura (Ostrácia ou Um elefante no armário) e exemplos, tamén, do encontro lingüístico entre ámbalas beiras do Miño.

O curso conta con financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, da Academia Galega da Língua Portuguesa, da Associaçom Galega da Língua, da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo. Os obxectivos deste programa de formación, en palabras das ditas entidades, é “divulgar a importante pegada da lingua e da cultura galega” e “analizar (e vigorizar) os contactos interculturais xa vixentes entre Galicia e Portugal, a partir da noción de lusofonía”. En resumo, o que se busca é fortalecer as ligazóns entre o galego e o portugués, amais de favorecer a presenza da lingua irmá nos nosos medios de comunicación. O curso non ten límite de prazas.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.