A Garda Civil detén a un empresario de Ribeira

07 Xullo 2021


Un operativo da Garda Civil sorprendía á primeira hora da mañá aos veciños do barrio ribeirense de Abesadas. Unha unidade especial deste corpo, que se desprazou á cidade desde fóra de Galicia, despregábase pola avenida da Constitución e entraba nun edificio, o número 7, para realizar un minucioso rexistro. Os axentes accederon ao interior dun piso da primeira planta rompendo a porta.

Avda. Constitución Ribeira

A operación arrincou a primeira hora da mañá momento no que varios vehículos, algúns deles camuflados, apostáronse nas proximidades do edificio en cuestión. Do seu interior saíron axentes da benemérita, boa parte deles pertencentes ás Usecic, unidades de seguridade cidadá da Garda Civil.
A detención practicada en Abesadas mesmo podería estar relacionada cunha investigación a gran escala, con ramificacións noutros puntos da comunidade galega. O arrestado é un pequeno empresario de Ribeira, con negocios no sector da hostalería.
De momento o caso está baixo secredo de sumario polo que non se informou aínda da causa ainda que todo apunta a que ten relación co tráfico de estupefacientes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.