Noia Actívase ofrece á veciñanza este verán unha manchea de alternativas deportivas

06 Xullo 2021

A semana pasada presentouse en Noia unha iniciativa directamente encamiñada a favorecer os hábitos saudábeis na contorna urbana da vila. Trátase da nova edición de Noia Actívase, un programa de actividades impulsado pola Concellería de Deportes que inclúe todo tipo de propostas para estes meses de verán: GAP, pilates, zumba, zumba kids, body jump, body jump kids, mantemento e ioga. As actividades serán impartidas por diferentes profesionais.

Segundo fixo saber a área de Deportes de Noia, a participación é gratuíta e non é preciso inscrición previa. “Calquera pode chegar e participar, serán actividades de balde, abertas, e celebraranse en espazos libres e amplos”, sinalou a concelleira de Deportes do Concello de Noia, Laura Salgado García.

Noia Actívase desenvolverase entre este luns 5 de xullo e o 3 de setembro, en horario de 10:30 a 11:30 e de 21:30-22:30, agás a clase de zumba dos venres que será de 11:00-12:00.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.