Ferido o condutor dun vehículo logo de bater contra un poste en Boiro

01 Xullo 2021
Bombeiros Boiro

Un condutor precisou ser trasladado logo de colidir contra un poste o vehículo no que circulaba pola estrada DP-1106, na parroquia de Abanqueiro, en Boiro.

Foi un particular quen, pasadas as dez e cuarto da noite, se puxo en contacto co 112 Galicia para informar dun accidente no que un vehículo batera contra un poste da luz. Nesa mesma comunicación, o alertante afirmaba que se vían lapas por debaixo do turismo e que había unha persoa ferida.

Nada máis ter constancia dos feitos, dende o CIAE-112 deuse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061 e aos Bombeiros de Boiro, así como á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil. Ademais, xa que debido ao impacto un poste da subministración eléctrica resultou afectado, os xestores do 112 informaron da situación á empresa que abastece a zona.

Xa no lugar do sinistro, os Bombeiros confirmaron que o vehículo partira o poste e que  o alumeado caera no medio da estrada, polo que a circulación tivo que ser cortada, cando menos nun carril.

Por último, os servizos de emerxencias comunicaron que a persoa implicada no sinistro fora trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...