O gran mural que estreou o IES Virxe do Mar de Noia estenderase á totalidade do edificio

01 Xullo 2021

O feísmo, presente en todas e cada unha das nosas vilas, mesmo nas mellor conservadas e de meirande interese turístico, combátese con creatividade e imaxinación. Esta é a base dos traballos que se desenvolveron estes días no IES Virxe do Mar de Noia, concretamente na súa fachada posterior, no que se transformou unha parede de gran tamaño que non pasaría á historia polos seus valores arquitectónicos nin artísticos nun gran mural que está a provocar o abraio de residentes e veciños.

Tanto é así, que os responsábeis dos traballos (a dirección do propio centro educativo e o persoal creativo da empresa local Vella Escola, co apoio do Concello) tomaron a decisión de dar continuidade aos mesmos, centralizados nesta primeira fase na fachada que dá á rúa Besteiros. Segundo indicaron, non só se conseguiu con este proxecto unha importante mellora visual neste enclave de Noia, senón que se creou un claro referente ou modelo a seguir para outros proxectos análogos de mellora urbana, tanto en Noia como noutras vilas e cidades.

Os traballos de prolongación do mural (un proceso que estenderá a creatividade a todo o conxunto do edificio) levaranse a cabo no IES Virxe do Mar ao longo das vindeiras semanas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...