O BNG reclama mellorar a roza de cunetas das zonas rurais de Ribeira

30 Xuño 2021

O BNG ribeirense solicita unha mellora na roza de cunetas das zonas rurais, espazos que coa chegada da época estival ven como crece a vexetación de maneira descontrolada e ocupa as vías provocando dificultades na circulación de persoas e vehículos.
Desde a sede bloquista denuncian a maleza crece con descontrol en determinados lugares do municipio, especialmente no rural, como é o caso da rúa 3 no lugar de Coveliño, en camiños de Deán e no resto de parroquias que “non se rozan como se deberá”. Así, Pérez Barral reclama que “o Concello de Ribeira debería realizar un plan
anual de rozas para evitar que a vexetación se descontrole e invada camiños, cunetas e beiravías.
Ante esta situación, o BNG solicita que o Concello de Ribeira proceda a rozar, de maneira inmediata, a vexetación dos camiños, corredoiras e cunetas, con especial atención ás zonas rurais do municipios. Ademais reclama un plan anual de rozas para evitar o aumento descontrolado da vexetación en certos espazos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

“Quen o sabe?”. Luís Celeiro

Non sei por que ni a santo de que vén á cabeza deste escribidor o caso insólito de Manoliñodas Filgueiras. Ocorreu nos primeiros anos da década do sesenta do século pasado e deixousen fala aos seus familiares, aos mestres que tiña, aos fregueses da parroquia, aos...