“Nunca pasa nada” – José Manuel Pena

30 Xuño 2021

Algúns opinan que estamos repuntando a crise, outros que cada vez hai máis miseria e desigualdade social. Que se está a xerar máis emprego de calidade, outros que o emprego é precario. Que a compra de vivendas aumenta. Evidentemente, neste último caso a Sareb, o chamado banco malo, continúa sacando á venda vivendas embargadas no seu momento, a través de execucións hipotecarias, a metade de prezo e co compromiso de financiamento do cento por cento. Agora a especulación volve estar á orde do día, mentres estes “usureiros insolidarios” venden as vivendas nas que habitaban, hai algún tempo, familias humildes que foran desafiuzadas.

Non pasa nada, nunca pasa nada. Mesmo a Xunta de Galicia atrévese a artellar medidas, para o aluguer social, de vivendas baleiras que se atopen en mans da administración e dos particulares. Entón, que ocorre coas baleiras, en mans das entidades financeiras? Hai que deixar que as entidades financeiras sigan negociando coa suor e a dor de milleiros de familias que non puideron pagar os seus empréstamos hipotecarios por causas sobrevindas e a súa situación de vulnerabilidade. Mentres que ás entidades financeiras se lles “agasallou” diñeiro público, ás familias nin auga e que morran lentamente.

Logo, algúns responsables políticos atrévense a falar de radicalismo. Pregúntome, hai maior radicalismo que deixar de lado aos cidadáns máis indefensos para favorecer aos máis poderosos, mantendo os seus privilexios? Pero tranquilos, nunca pasa nada, hai xente que vive moi ben e está moi preparada (vivindo nas súas burbullas ou residencias privadas), encargándose de enganar á xente humilde que carece dos coñecementos suficientes para entender de que eles tamén teñen os seus dereitos e que non todo son obrigas.

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.