Sete detidos en Barbanza e O Salnés nunha operación contra o narcotráfico na Ría de Arousa

26 Xuño 2021


A Garda Civil da Coruña detivo a un total de sete persoas e desarticulou tres puntos de venda de estupefacientes na chamada operación ‘Masa’, que concluíu coa disolución dun grupo criminal especializado no tráfico destas substancias.

Segundo un comunicado da Benemérita, a operación encadrada no Plan Integral de Control de Armas de fogo ( Picaf) iniciouse por mor de ter coñecemento por parte dos compoñentes do Grupo de Información da existencia dunha persoa na localidade de Rianxo que supostamente “portaba e exhibía armas de fogo” carecendo da pertinente autorización administrativa para a súa tenencia.

O suxeito xa fora detido en outubro do ano 2018 por feitos similares, co achado por parte da Garda Civil durante o rexistro do seu domicilio unha arma longa, cinco armas de aire comprimido modificadas e unha plantación no interior de cannabis e cantidades doutras substancias estupefacientes.

Durante a operación os compoñentes do Grupo de Información da Comandancia ( GIC) solicitaron indicios que relacionaba a esta persoa co tráfico e venda de substancias estupefacientes, conformando xunto a outros seis un grupo criminal dedicado a esta actividade nas localidades de Rianxo, Ribeira, Vilanosa de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

O grupo estaba integrado por un veciño de Vilagarcía de Arousa e dous veciños de Rianxo encargados da recepción, a distribución aos puntos de venda e da xestión dos dous puntos de venda desa localidade.

A venda a pequena escala na localidade era levada a cabo, presuntamente, por un veciño de Rianxo; e unha veciña de Ribeira, supostamente, encargada da xestión do punto de venda de Ribeira.

O final da operación saldouse coa detención de sete persoas como presuntos autores dun delito de pertenza a un grupo criminal e dun delito contra a saúde pública.

A benemérita incautou 243 gramos de heroína, 285,49 gramos de cocaína, 414,52 gramos de haxix, 231 gramos de cannabis, obxectos para a distribución e venda de substancias estupefacientes, dispositivos electrónicos, dous vehículos e o desmantelamento de dous puntos de venda de substancias estupefacientes na localidade de Rianxo e un na localidade de Ribeira.

Os detidos e os efectos incautados foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución número 2 de Padrón. Posteriormente, a Autoridade Xudicial ha ditado o ingreso en prisión de cinco dos detidos.

Remitida

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...