Evacuado un motorista tras unha caída en Porto do Son

25 Xuño 2021

Dous motoristas tiveron que se trasladados, esta mañá, despois de sufrir senllas caídas, nos concellos de Poio e de Porto do Son.

Con escasa media hora de diferencia, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE-112 Galicia) recibiron as chamadas de aviso de persoas particulares que presenciaran os accidentes.

Por un lado, ás 10.15 horas, producíase a caída dun motorista na estrada comarcal PO-308 e a persoa implicada semellaba necesitar asistencia médica. Así, desde o 112 comunicáronselle os datos aos servizos médicos, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Ademais, tamén tiveron constancia os Bombeiros de Pontevedra, os membros do GES de Sanxenxo e Protección Civil de Poio.

Ao remate da intervención, o GES de Sanxenxo confirmou que o motorista foi trasladado polo persoal sanitario ao centro médico de referencia.

PORTO DO SON

Por outro lado, do sinistro acontecido no concello coruñés tivo constancia o 112, ás once menos dez da mañá. Sobre este mesmo, unha testemuña indicaba que acababa de ocorrer na estrada que une a localidade sonense con Ribeira.

Así, facilitáronselle os datos aos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, aos Bombeiros de Ribeira, ao GES de Noia, a Protección Civil de Porto do Son e ao 061.

Foron, finalmente, os membros da Agrupación de Voluntarios do concello os que lle indicaron ao 112 Galicia que o motorista tivo que ser trasladado ao centro de saúde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.