O martes 29 celebrase a VI Andaina Solidaria organizada por CONGALSA coa colaboración de Cáritas Ribeira. A versión virtual ten lugar ata o día 30

25 Xuño 2021

A sexta andaina solidaria da empresa alimentaria CONGALSA na súa versión física, arranca este martes 29 de xuño entre o Faro de Corrubedo e a Igrexa de Santa Uxía de Ribeira. Esta iniciativa conta coa colaboración de Cáritas Parroquial de Santa Uxía e percorrerá 11 quilómetros en total. Arrancará as 9 da mañá desde o faro e estimase unha duración de tres horas aproximadamente organizándose en grupos reducidos.
Para participar hai que inscribirse na páxina web www.deporticket.com/web-evento/5531-vi-andaina-solidaria-congalsa–edicion-2021-virtual. Unha vez inscrito recibirase por e-mail o enlace para o dorsal e para descargar a app que rexistra os quilómetros percorrido. Congalsa convertirá en euros os quilómetros rexistrados.

Por outra banda esta VI Andaina Solidaria virtual da empresa alimentaria CONGALSA, sigue activa até o próximo 30 de xuño, e está a ter unha importante repercusión na Rede, onde se promove e colle corpo por segundo ano consecutivo. Segundo fai saber Isabel Cañas, directora de Relacións Externas da compaña da Pobra do Caramiñal, a andaina sumou xa un importante número de participantes, acadando con este inicio do verán (luns 21 de xuño) a cifra de 633 camiñantes solidarios online, superando xa a inscrición da convocatoria previa (620). Todo apunta ademais a que a cifra continuará incrementándose os vindeiros días, mesmo con incorporacións de destacados representantes dos ámbitos institucional, político e social de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.