Pakolas protagonizará a verbena infantil das Festas da Guadalupe

02 Setembro 2019

20190902 O músico Paco Cerdeira, tamén coñecido como Pakolas, estará o día 19 de setembro en Rianxo para participar na sección musical das Festas da Guadalupe máis directamente envorcada na rapazada: a Verbena Infantil. A cita será no Cabo da Vila a partir das 23.00 horas (baile con sorpresas) e colle impulso despois coa actuación de Pakolas, sen dúbida un dos músicos galegos actuais preferidos pola rapazada (autor do libro-disco Pakolas, editado por Galaxia, éxito de vendas, público e crítica en 2017).

A Verbena Infantil rematará un pouco despois da media noite (sobre as 0.30 horas, coa rianxeira infantil, o canto colectivo entoado pola cativada que virá acompañado de variñas de luz para acrecentar o ingrediente máxico da actividade).

Pakolas, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para @s mais cativ@s, ten longa traxectoria neste eido profesional, pasando por grupos como Mamá Cabra do que formou parte durante 10 anos, sendo fundador e formando parte de A Gramola Gominola na actualidade (compositor, guitarra e voz), e presentando tamén un proxecto individual e persoal, o devandito libro-disco Pakolas, co leva xirando por toda a xeografía galega dende abril de 2017.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...