O certame Enreguéifate dá a coñecer as mellores contribucións de improvisación oral galega ao Youtube

23 Xuño 2021

Finalmente xa temos o palmarés da nova edición do certame Enreguéifate, destinado a reivindicar no Youtube, a través dunha canle propia, a longa tradición improvisación oral galega (a regueifa) entre as novas xeracións. Participaron vídeos nas redes chegados dende Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas e Tordoia. Houbo doce premios para outras tantas contribucións audiovisuais.

O resultado das votacións pódese ver nun vídeo onde se anuncian as regueifas gañadoras da man de Mariña e Manolo Maseda.

Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (a regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Nesta edición, malia a situación sanitaria, presentouse a cifra nada desprezábel de 42 vídeos, 36 na categoría escolar e 6 na xeral, chegados desde Ames, Baio, Cambre, Caldas de Reis, Santiago, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas ou Tordoia.

O xurado estivo composto por María López, concelleira en Teo e profesora; Manolo Maseda, mestre, músico e regueifeiro; Séchu Sende, mestre, escritor e regueifeiro; e A Rabela (rapeira, filóloga e regueifeira).

Este foi o resultado das votacións que podedes ver nun vídeo onde se anuncian as regueifas gañadoras da man de Mariña e Manolo Maseda:

Categoría Xeral

A máis diversa: Chaminho e Arrieiro – Koruño vs. Rural

A máis reivindicativa: As Canosa – Máxico é o galego

A máis brava: Regheifeiras da Pontragha – Practicando para o vrau

A máis aguda: Patty e Iván – Trocando roles

A mellor falada: Xurxo Souto e Oscar o Arrieiro – Torgho de Bergantiños

A mellor cantada: Os irmáns Tato – Regueifando co protocolo

Categoría Escolar

A máis brava: Patakas Bravas – A guerra do bonito

A máis aguda: As Marías do Lamas – As Marías

A máis diversa: Pitifláuticos – Nós queremos igualdade!!!

A máis reivindicativa: Rimas coma balas – Exprésate rimando

A mellor falada: 21 garabullos – A regueixeira

A mellor cantada: Dúas moi galegas – Sons da aldea

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...