O Pazo de Goiáns recibirá visitas guiadas en grupos reducidos unha vez rematen as obras

22 Xuño 2021

O Concello de Boiro realizou unha nova sesión da Comisión de Valoración e Planificación do futuro do Pazo de Goiáns, co fin de determinar os posíbeis usos do histórico edificio e a súa contorna unha vez rematen as obras de rehabilitación da edificación principal que se están a levar a cabo, que xa están na rúa recta final.

Participantes na visita institucional da Xunta os pasados días ao Pazo de Goiáns

Na reunión, que se realiza de xeito periódico, participaron o alcalde, José Ramón Romero e o concelleiro de Patrimonio, Raúl Treus, así como expertos dos ámbitos arquitectónico, paisaxístico, turístico, cultural ou medioambiental.

Na sesión lembrouse que actualmente estase a traballar no andar superior do inmóbel, onde xa se colocou a madeira e está pendente o vernizado. En canto aos acabados finais de carpintería, está previsto que as obras rematen no mes de xullo.

A Comisión engadiu que “aínda que non está determinado cal é o uso concreto e definitivo que se lle vai dar ao interior do pazo”, decidiuse “que unha vez conclúan as obras organizaranse visitas guiadas de grupos reducidos.

A maiores, estanse a realizar traballos nos xardíns. Os expertos que compoñen a comisión determinaron a importancia de delimitar ben as distintas zonas que compoñen a finca para manter e coidar as moitas especies singulares que hai no espazo, así como xerar itinerarios de visita.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...