Boiro recibe o verán na compaña de Jano Costas, Mallou, The Cuncas e a agrupación local Cen Pliés

22 Xuño 2021

Boiro comeza o seu verán cultural con enerxía, o que se traduce nunha axenda especialmente completa para esta primeira fin de semana de xuño. O programa comezará con Jano Costas, que estará no mediodía deste sábado 26 na Feira Eco-lóxica de Boiro, na praza da Terceira Idade (detrás do Centro Social) a partir das 12.00 horas.

Jano Costas en plena actuación na cidade vella de Compostela

Forma parte da proposta clown-circense-teatral Jano sen medidas. A capacidade do aforo será limitada (cómpre reservar as entradas na web municipal, www.boiro.gal).

Na mesma xornada do 26, un pouco máis tarde e nun emprazamento diferente (o Mercado da Serea que se celebra no recentemente restaurado Pazo de Goiáns), será a quenda do grupo Mallou, a partir das 12.30 horas. Tamén terá capacidade limitada (as entradas, de feito, están xa esgotadas).

Sen marchar do Mercado da Serea, no Pazo de Goiáns, a banda The Cuncas tomará o relevo musical pola tarde, a partir das 19.30 horas do sábado 26 de xuño (entradas novamente esgotadas).

Ao día seguinte, domingo 27, a actividade cultural trasládase novamente á praza da Terceira Idade, no Centro Social de Boiro. O protagonismo recaerá na agrupación local de ballet Cen Pliés. Que ofrecerá un espectáculo de baile. A capacidade do aforo será novamente limitada (hai que reservar entradas en www.boiro.gal).

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...