O PBBI pide melloras de mantemento e seguridade no Parque Periurbano de San Roque

21 Xuño 2021

O Partido Barbanza Independente (PBBI) vén de achegar unha moción relativa ao Parque Periurbano de San Roque, en Ribeira. A agrupación recoñece ter avaliado recentemente as estruturas e elementos do parque, e, segundo fixo saber, “atópanse nun total abandono”, malia “ser o cinto verde por excelencia de Ribeira”, engadiu.

Elementos do Parque de San Roque nunha imaxe de Galiciamaxica.eu

Os integrantes do PBBI tamén critican na moción a “falta duns accesos peonís bos e seguros á contorna a disposición de todos os veciños e visitantes que queiran acceder dende Frións, Aguiño ou mesmo dende a avenida de Ferrol”. Segundo fan saber, “é preciso construír sendas peonís para poder acceder desde Ribeira e parroquias a este enclave”. Tamén critican o estado no que se atopan as pasarelas, os bancos e os paneis, e lembran que é preciso rozar a maleza para “evitar riscos e mala imaxe”.

Segundo explican, “unha zona verde e ben coidada é esencial nas nosas vidas, no noso día a día. Durante a peor fase da COVID-19, o peche de parques serviunos para valorar a necesidade de zonas verdes. A ausencia de parques e de contornas naturais de lecer provoca maiores desigualdades sociais, como se demostrou na pandemia. Tampouco se trata de falar de máis ou menos zonas verdes, senón que nós imos máis aló e preguntámonos se o que temos coidámolo e mantemos”. Neste senso, o PBBI pregunta ao Executivo local se “é coñecedor de que existe unha normativa europea sobre sanidade vexetal para a xestión integrada de pragas de obrigado cumprimento en espazos públicos”. E engaden: “Nos nosos xardíns e nas nosas casas coidamos e conservamos as nosas plantas, polo que pedimos que se faga o mesmo nos nosos parques”.

O PBBI tamén solicita que “se cree un rexistro das árbores e arbustos dos parques e rúas de Ribeira”.

En virtude de todo o devandito, a agrupación fai as seguintes peticións específicas:

1- Instar ao Concello de Ribeira a que proceda aos tratamentos periódicos de mantemento e limpeza do Parque Periurbano de San Roque.

2- Que o Concello se comprometa a elaborar un plan de tratamento de pragas, procedendo a aplicar os produtos fitosanitarios adecuados e que respecten o medio ambiente.

3- Que o Concello de Ribeira elabore unha listaxe ou unha relación das árbores e arbustos existentes nos espazos verdes e en vías públicas.

4- Instar ao Concello de Ribeira a buscar as alianzas entre os sectores públicos e privados para o mantemento e conservación das zonas verdes do municipio e, máis en concreto, o Parque de San Roque.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.