Ribeira abre contas turísticas en Facebook e Instagram

21 Xuño 2021

Cadrando co primeiro día de verán, o Concello informou da apertura de dúas contas específicas nas populares redes sociais Facebook e Instagram sobre o Turismo de Ribeira. O Goberno local sinala que con estas dúas novas canles de comunicación online “o obxectivo é contribuír á promoción e divulgación dos moitos recursos que atesoura este municipio barbanzán dende o punto de vista ambiental, patrimonial, cultural, gastronómico ou de lecer”.

Outra das finalidades é dar a coñecer unha oferta que transcende o período estival e “que fai de Ribeira un destino a ter en conta en todas as estacións do ano”, explica o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.